Slider
DÍAS
4
2
HORAS
2
3
MINUTOS
1
6
SEGUNDOS
2
1

Que é a Festa do Melindre

A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide é a cita gastronómica máis importante da comarca de Melide e, tamén, unha das de maior proxección de toda Galicia dende que no ano 2013 fose declarada de “Interese Turístico Galego”.  Celébrase cada ano o segundo fin de semana de maio, co fin de exaltar e poñer en valor os doces tradicionais melidenses:

melindre

Melindres

Rosquillas pequenas ás que se lles dá brillo e cor cun baño de azucre, son os doces máis recoñecidos da repostaría de Melide.

amendoado

Amendoados

Elaborados con améndoas moídas, claras de ovo, azucre e obleas para a base, que lles dan o seu inconfundible aspecto.

ricos

Ricos

Característicos pola súa forma alongada e a súa dureza exterior, os Ricos son doces únicos, que só se elaboran na Terra de Melide.

Manuel Pampín, pregoeiro e embaixador da XXXI Festa do Melindre

Naceu en Melide en 1958. Estudou xornalismo na universidade complutense de Madrid. En 1982 comezou a traballar na delegación de Santiago de “El Ideal Gallego”, onde estivo tres anos facendo todo tipo de informacións. Desde xuño de 1985 ata a súa recente xubilación traballou na Televisión de Galicia, onde fixo practicamente de todo: desde retransmisións deportivas ata presentar os telexornais.

Programa 2023

Consulta as actividades e os horarios da nosa festa.

Embaixadores 2023

A Festa do Melindre en cifras

DOCES
MESTRES REPOSTEIROS
K
VISITANTES
ANOS DE HISTORIA

Galería

Actualidade

Entérate de todas as novidades da festa máis doce de Galicia!

PRESENTADO EN SANTIAGO O #MELINDRE2023

Melide presentou hoxe xoves a programación da 31.ª Festa do Melindre e da repostaría tradicional. Presentou tamén o spot publicitario “Melide en Mar”. O xornalista Manuel Pampín dará pregón o…

Organiza

Contacto

Envíanos unha mensaxe!

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar