Paco Roncero, pregoeiro e embaixador da XXVIII Festa do Melindre

Paco Roncero é un dos máximos representantes da vangarda culinaria española dentro e fóra das nosas fronteiras.
Formouse na Escola de Hostalería e Turismo de Madrid e realizou stages en Zalacaín e no Hotel Ritz ata que en 1991 se incorporou ao persoal do Casino de Madrid. A explosión da súa personalidade creadora produciuse tras poñerse ao mando da xefatura de cociña deste establecemento, incluíndo a dirección da área de banquetes e o restaurante La Terraza del Casino, que na actualidade conta cos dúas estrelas Michelin e tres soles Repsol.
Roncero conta ademais con algúns dos premios gastronómicos máis prestixiosos, como o Chef L’ Avenir 2005 outorgado pola Academia Internacional de Gastronomía, e o Premio Nacional de Gastronomía 2006 da Real Academia de Gastronomía Española.
Entre as achegas do chef ao universo culinario destacan a creación dun taller de investigación ao redor da cociña e ás emocións único no mundo, PacoRonceroTaller; o desenvolvemento dun software para mellorar o rendemento de xestión na contorna gastronómica, Gestor de Cocina; e a publicación dos libros “Tapas y Gastronomía del S XXI” -dúas veces premiado e traducido a varios idiomas-, “Bocadillos y Ensaladas”, “Tapas en Estado Puro”, e o recente “Correr, cocinar y ser feliz”.
Ademais de ser un amante do deporte, chef executivo e director do NH Collection Casino de Madrid e do seu restaurante La Terraza del Casino; Roncero tamén é propietario dos gastrobares Estado Puro en Madrid, Xangai e Curitiba; de “La Canica” en San Miguel de Allende (México); de “Versión Original” e “Orígen” en Bogotá; de Pata Negra en Cartaxena de Indias (Colombia) e de Sublimotion, o restaurante máis avanzado e innovador xamais imaxinado que se sitúa no Hotel Hard Rock de Ibiza.
Roncero foi tamen presentador durante dúas tempadas do programa Top Chef de Antena 3 xunto a Alberto Chicote e Susi Díaz; e xurado do programa Masterchef Colombia.