A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide é a cita gastronómica máis importante da comarca de Melide e, tamén, unha das de maior proxección de toda Galicia dende que no ano 2013 fose declarada de “Interese Turístico Galego”. Celébrase cada ano o segundo fin de semana de maio, co fin de exaltar e poñer en valor os doces tradicionais melidenses:
Melindres
Rosquillas pequenas ás que se lles dá brillo e cor cun baño de azucre, son os doces máis recoñecidos da repostaría de Melide.
Amendoados
Elaborados con améndoas moídas, claras de ovo, azucre e obleas para a base, que lles dan o seu inconfundible aspecto.
Ricos
Característicos pola súa forma alongada e a súa dureza exterior, os Ricos son doces únicos, que só se elaboran na Terra de Melide.
Cristina Pampín, pregoeira e embaixadora da XXX Festa do Melindre
Licenciada en Xornalismo e Criminoloxía, comezou a súa carreira profesional con 22 anos. Fíxoo en Informativos Telecinco como reporteira e, máis adiante, como coordinadora. Tamén traballou en Antena 3 Noticias e Telemadrid ata chegar, en 2017, ao centro territorial de Cataluña de RTVE. En marzo de 2020 trasladouse a Madrid para presentar o programa especial sobre Coronavirus, na 1 de TVE. Agora é presentadora na Canle 24 Horas. Ademais, Cristina é profesora de xornalismo no Instituto de RTVE e na Universidade Internacional de Cataluña. Tamén presenta numerosos eventos e imparte cursos de formación de portavoces.
Programa 2022
Consulta as actividades e os horarios da nosa festa.
11:00 h OBRADOIROS INFANTÍS DE REPOSTARÍA TRADICIONAL
A cargo das pastelarías Estilo, Tahona e Trisquel. Obradoiro de repostaría tradicional dirixido ao alumnado de 6º de primaria dos centros educativos de Melide.
VENRES 29 DE ABRIL
Slide Anything shortcode error: A valid ID has not been provided
XOVES 5 DE MAIO
16:30 h FALADOIRO “TRADICIÓN, DEDICACIÓN E ARTESANÍA”
Miguel Vila, xornalista e escritor gastronómico
Xornalista e escritor gastronómico de referencia en Galicia, foi director da revista BenBo, a través da cal exerceu a súa profesión como crítico gastronómico e retransmite información relevante do mundo da Gastronomía. Embaixador da festa do Melindre.
Guillermo Moscoso, panadaría Pan da Moa, de Santiago de Compostela Panadeiro Compostelán. Amante das masas de alta hidratación tan características de Galicia. Organizador de varias Xornadas sobre o Pan Galego. En Pan da Moa realiza unha das súas paixóns, como é o traballo, difusión e elaboración do pan da súa terra. Xunto coa panadería familiar, tivo numerosos recoñecementos pola súa labor.
Fátima Estévez, profesora de panadaría na EFA A Cancela das Neves
Leva máis de 20 anos traballando na formación Técnica de Panadería e Pastelería
Con inquietude de contaxiar aos seus alumnos e promover unha vocación orientada ao emprendemento e aportar valor ao oficio de panadería e pastelería.
Impulsora de diversos proxectos como a “Semana Gastrocultural” na que se dá visualización ás temáticas de formación máis actuais da contorna gastronómica: o foro #falemosdepan, empredemento non rural, sustentabilidade alimentaria, etc.
Alberto Rodríguez, presidente de Asociación Melide Terra Doce, dozaría Estilo.
Fillo e neto de melindreiros, forma xa a cuarta xeración de reposteiros artesáns, onde a pastelaría Estilo cumpriu o 75 aniversario como docería e 60 como cafetaría. É ademais o presidente da Asociación da repostería tradicional de Melide desde a súa fundación, no ano 2010.
MODERA:
Jose Manuel García, director do programa “Comer e Falar” -SI Radio de Galicia-
“Comer e Falar” en Si Radio de Galicia é un programa con 13 anos de historia que defende, entre outras moitas cousas o traballo dos artesáns, dos pequenos produtores e que é un escaparate de pequenos proxectos na nosa gastronomía.
Ata completar a capacidade, por orde de chegada
17:30 h DEGUSTACIÓN DOCE
A cargo da EFA Piñeiral de Arzúa e a EFA A Cancela das Neves e o CIFP Vilamarín de Ourense. Consiste na demostración e degustación das elaboracións de sobremesas propias, elaboradas polo alumnado dos tres centros educativos.
Ata completar a capacidade, por orde de chegada
VENRES 6 DE MAIO
18:30 h SHOWCOOKING “OS DOCES DE MELIDE NA COCIÑA”
Formouse na escola de hostalaría de Compostela -CIFP Compostela-, acadando o galardón de Cociña “Xosé Moldes” e o concurso nacional de pastelería con Mel de Galicia. É chef e docente de hostalaría, actualmente na especialidade de Panadería e Pastelaría no lES Vilamarín de Ourense. Conta cunha ampla traxectoria profesional e diversos galardóns, e compaxina tamén a súa activade docente coa de membro do panel de cata da IXP de Mel de Galicia, e máis recentemente co seu papel de asesor gastronómico no programa Come a Comarca/As Batallas da TVG.
Destaca o seu paso pola cociña francesa cos Chefs Laurent Laplaige e Frédéric Dupont na especialidade de cociña e con Christophe Poulain no mundo do doce. Entre os diversos galardóns destaca a consecución do galardón de cociña “Xantar Gourmet” durante tres anos consecutivos, pasando a formar parte da organización do certame. Tamén é colaborador da revista gastronómica “La Alacena Roja”, onde se tocan teñas especializados de pastelería e cociña. Tamén imparte formación para hostaleiros na comarca e na Unidade de Acción Formativa da Xunta de Galicia en Melide. En 2015 forma parte da portada do suplemento Yes da Voz de Galicia, no que reúne aos 7 mestres pasteleiros do momento en Galicia. No pasado mes de novembro de 2021 formou parte do xurado no concurso internacional “Panettone World Championchip”, campionato do mundo de Panettone en Milán.
Ata completar a capacidade, por orde de chegada
20:00 h MARIDAXE DOCE CON ESPUMOSOS
A cargo de Casa Mejuto
Explicación do proceso de elaboración polo método tradicional champenoise do seu viño espumoso. Maridaxe con melindres, ricos, amendoados e cos queixos da queixería Terra de Melide.
O ano 1954 marcou a andadura de Casa Mejuto. Hoxe, case 70 despois, a empresa de Melide segue a percorrer a senda dos ingredientes naturais e a produción esmerada aprendida dos avós. Aos licores que sempre lles deron nome súmanse agora novos sabores e outras elaboracións, como é o caso do Vermú M54 ou os viños espumosos que producen integramente na vila. Así, en torno a unha vintena de propostas centran a actual oferta de Casa Mejuto, que xunto coa atención familiar nas súas instalacións da Ronda de Pontevedra -acabadas de reformar logo dun ambicioso proxecto de ampliación e acondicionamento- ofrece a posibilidade de compra e envío a calquera lugar a través da tenda online www.casamejuto.com.
Ata completar a capacidade, por orde de chegada
SÁBADO 7 DE MAIO
11:00 h APERTURA DA FEIRA
De 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20.30 h
11:30 h OBRADOIRO INFANTIL CON DOCES DE MELIDE
A cargo de Manuel Garea, chef pasteleiro. A partir de 6 anos. 15 prazas, por orde de chegada.
Formouse na escola de hostalaría de Compostela -C.I.F.P Compostela-, acadando o galardón de Cociña “Xosé Moldes” e o concurso nacional de pastelería con Mel de Galicia. É chef e docente de hostalaría, actualmente na especialidade de panadería e pastelaría no l.E.S Vilamarín de Ourense. Conta cunha ampla traxectoria profesional e diversos galardóns, e compaxina tamén a súa activade docente coa de membro do panel de cata da I.X.P de Mel de Galicia, e máis recentemente co seu papel de asesor gastronómico no programa Come a Comarca/As Batallas da TVG.
Destaca o seu paso pola cociña francesa cos Chefs Laurent Laplaige e Frédéric Dupont na especialidade de cociña e con Christophe Poulain no mundo do doce. Entre os diversos galardóns destaca a consecución do galardón de cociña “Xantar Gourmet” durante tres anos consecutivos, pasando a formar parte da organización do certame. Tamén é colaborador da revista gastronómica “La Alacena Roja”, onde se tocan teñas especializados de pastelería e cociña. Tamén imparte formación para hostaleiros na comarca e na Unidade de Acción Formativa da Xunta de Galicia en Melide. En 2015 forma parte da portada do suplemento Yes da Voz de Galicia, no que reúne aos 7 mestres pasteleiros do momento en Galicia. No pasado mes de novembro de 2021 formou parte do xurado no concurso internacional “Panettone World Championchip”, campionato do mundo de Panettone en Milán.
12:00 h TALLER DE PEIXIÑOS DE VIMBIO
A cargo de Julia de la Cal, deseñadora e artesá. A partir de 6 anos. 15 prazas, por orde de chegada.
Neste obradoiro achegarémonos á cestería e coñeceremos unha das principais fibras vexetais. Crearemos peixes de vimbio a partires dunha das técnicas máis elementais de tecido, traballaremos a manipulación e experimentación cos materiais buscando a expresividade e potenciar a creatividade dos participantes.
17:00 h OBRADOIRO DE SABORES DE XEADO
A cargo de Borboriño xeados
Xeados artesanais producidos con materias primas naturais de orixe local. 100% elaborados con leite da súa granxa de Sobrado. No obradoiro con degustación trataremos a diferenciación entre o artesán e industrial e a versatilidade dos xeados para os sabores e as materias primas.
18:30 h SHOWCOOKING DEGUSTACIÓN “OS 30 ANOS DO MELINDRE”
A cargo de Kike Piñeiro e Eloy Cancela, restaurante A Horta d`Obradoiro
A Horta d`Obradoiro é este ano 2022 establecemento recoñecido pola Guía Michelín como “Bib Gourmand” (Excelencia Calidade Prezo) e recomendado na Guía Repsol.
Francisco Kike Piñeiro formouse no CIFP Compostela e formou parte do equipo de Paradores Nacionales. Recibiu a mención especial da Real Academia de Gastronomía de Galicia e gañou o X Certame Nacional de Gastronomía sendo nomeado gastrotalento pola revista Gastroeconomy. Ten coordinado o Galicia Calidade e a xestión da área gastronómica da World Olive Oil Exhibition ou a World Bulk Wine Exhibition, a Mostra do Mexillón de Cabo de Cruz, Sabores do Mar, Artemar ou Compostela Gastronómica, e chef convidado nas principais feiras gastronómicas como Gourmet, Alimentaria, Fórum Gastronómico ou Salimat, e desenvolve tarefas de formador.
Eloy Cancela naceu en 1989 e estudou no centro superior de hostelería de Galicia, gañou Premio Ouro Doce de Mel de Galicia no Forum e de Castaña de Galicia. Traballou en Madrid e Asturias con Nacho Manzano. En 2015 abriu, xunto con Kike Piñeiro, a Horta do Obradoiro, un dos restaurantes de referencia da nova cociña galega.
22:00 h CONCERTO “GRANDE AMORE”
23:00 h CONCERTO “THE LIMBOOS”
Levan paseando o seu “Rhythm & Blues Exótico” por media Europa desde o seu nacemento en 2024 cun show dos que non se esquece facilmente. En 2022 volven no que será o comezo da nova etapa cos primeiros concertos despois dun tempo. Traeranos o cuarto disco da banda con nova formación, novo son e a mesma enerxía de sempre, da que darán boa conta nos seus directos. Unha oportunidade para escoitar algunha das novas cancións, que amplían máis se cabe a proposta musical da banda. Psicodelia, Giallo italiano, Space Age… Un cóctel que se suma ao frenesí rítmico do grupo galego.
DOMINGO 8 DE MAIO
11:00 h APERTURA DA FEIRA
De 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20.30 h
11:30 h ANIMACIÓN DE RÚA
CO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL “FROITO NOVO” de Melide, que cumpre o seu 50º aniversario.
12:00 h NOMEAMENTO DE EMBAIXADORES E PREGÓN
A cargo de Cristina Pampín, xornalista TVE
Licenciada en Xornalismo e Criminoloxía, comezou a súa carreira profesional con 22 anos. Fíxoo en Informativos Telecinco como reporteira e, máis adiante, como coordinadora. Tamén traballou en Antena 3 Noticias e Telemadrid ata chegar, en 2017, ao centro territorial de Cataluña de RTVE. En marzo de 2020 trasladouse a Madrid para presentar o programa especial sobre Coronavirus, na 1 de TVE. Agora é presentadora na Canle 24 Horas. Ademais, é profesora de Xornalismo no Instituto de RTVE e na Universidade Internacional de Cataluña. Tamén presenta numerosos eventos e imparte cursos de formación de portavoces
17:30 h ACTUACIÓN INFANTIL “JANO SEN MEDIDAS”
Humor orixinal, participativo e arriscadamente divertido. Novo circo, de rúa. Xogar coma un neno atrapado nos medos dun adulto. Mestura a forza dos malabares coa destreza das acrobacias e o desenfreado enxeño nun espectáculo participativo. Celebrar un gol, saltar á corda, percorrer unha distancia sobre as mans, soñar vendo as estrelas, imitar un baile ridículo, argallar unha broma ou crer na maxia
18:00 h PECHE DA FEIRA
19:00 h CONCERTO “OS D´ABAIXO”
A banda folk Os d’Abaixo fórmase no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. Este 2020 celebrou 10º anos nos palcos no seu mellor momento artístico. O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era na realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade. Pero a aceptación foi tal, que comezaron a xirar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra. En 2022 presentan o seu disco Somos a pedra, que volve xuntar a súa particular reinterpretación da tradición con temas de composición propia.
23:00 h CONCERTO “THE LIMBOOS”
Levan paseando o seu “Rhythm & Blues Exótico” por media Europa desde o seu nacemento en 2024 cun show dos que non se esquece facilmente. En 2022 volven no que será o comezo da nova etapa cos primeiros concertos despois dun tempo. Traeranos o cuarto disco da banda con nova formación, novo son e a mesma enerxía de sempre, da que darán boa conta nos seus directos. Unha oportunidade para escoitar algunha das novas cancións, que amplían máis se cabe a proposta musical da banda. Psicodelia, Giallo italiano, Space Age… Un cóctel que se suma ao frenesí rítmico do grupo galego.
Embaixadores 2022
Pedro Coego Galego (O Recuncho do Convento)
Profesor da Escola de hostalaría de Lugo, gañador do programa “Come a comarca” da CRTVG. . Propietario de O Recuncho do Convento
José Mouriño Viñas
Gañador do programa “Come a comarca” da CRTVG. Propietario de “A cantina de Eleu”
Pablo Lage Piñeiro
Gañador do programa “Come a comarca” da CRTVG.
Daniel Quintás
Gañador do programa “Come a comarca” da CRTVG.
Román Varela Varela (pastelaría Triskel)
Gañador do programa “Come a comarca” da CRTVG.
Cristina Pampín, pregoeira 2022
Licenciada en Xornalismo e Criminoloxía, comezou a súa carreira profesional con 22 anos. Fíxoo en Informativos Telecinco como reporteira e, máis adiante, como coordinadora. Tamén traballou en Antena 3 Noticias e Telemadrid ata chegar, en 2017, ao centro territorial de Cataluña de RTVE. En marzo de 2020 trasladouse a Madrid para presentar o programa especial sobre Coronavirus, na 1 de TVE. Agora é presentadora na Canle 24 Horas. Ademais, é profesora de xornalismo no Instituto de RTVE e na Universidade Internacional de Cataluña. Tamén presenta numerosos eventos e imparte cursos de formación de portavoces.
Kike Piñeiro + Eloy Cancela
Propietarios do restaurente A Horta D´Obradoiro (Santiago de Compostela)
Manuel Garea
Chef pasteleiro.
A Festa do Melindre en cifras
DOCES
MESTRES REPOSTEIROS
K
VISITANTES
ANOS DE HISTORIA
7 Abril, 2022
Os nove novos embaixadores neste 2022 asumen o compromiso de visibilizar e protexer os doces tradicionais de Melide O Concello de Melide presentou hoxe xoves 7 de abril o 30.º… Ler Máis
12 Maio, 2019
Os nove novos embaixadores asumen o compromiso de visibilizar e protexer os doces tradicionais de Melide A XXVIII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide celebrou esta… Ler Máis
Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información
Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.