Que es la Fiesta del Melindre
A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide é a cita gastronómica máis importante da comarcade Melide e, tamén, unha das de maior proxección de toda Galicia desde que no ano 2013 fose declarada de Festa de Interese Turístico Galego. Celébrase cada ano a segunda fin de semana de maio, co fin de exaltar e poñer en valor os doces tradicionais melidenses. Falar de melindres, melindreiros e melindreiras é falar de gastronomía pero tamén de tradicións e de riqueza cultural.
Nos fornos tradicionais do corazón da vila amásanse cada día os melindres, ricos e amendoados que a converten en terra doce. Estes doces fanse notar na zona vella de Melide no momento da súa coción grazas ao seu delicioso aroma.
La filosofía con la que nace
A Festa do Melindre naceu coa intención de protexer, poñer en valor e recuperar a forma tradicional de facer repostería de Melide e da súa comarca. Os doces tradicionais de Melide, ademais de producir pracer o noso padal, son elementos que en conxunto forman parte dun aspecto importante do patrimonio cultural do noso pobo: a gastronomía. A Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide reúne un inequívoco valor patrimonial, o estar vertebrado por todos os mecanismos de conexión entre festa e patrimonio, encadrándose claramente dentro da figura do patrimonio inmaterial.
La evolución
Aínda que durante moitos anos se falou da Festa do Melindre, nos últimos anos, a homenaxe estendeuse a toda a repostería típica e tradicional de Melide e da súa comarca. En concreto, fálase de tres produtos que recollen a esencia da tradición reposteira da zona: o melindre, o rico e o amendoado.
Ao abeiro da intención de protexer, poñer en valor e recuperar o xeito tradicional de facer a repostería en Melide xurde a iniciativa de organizar cada ano unha Festa do Melindre. O obxectivo é homenaxear un xeito de facer repostería ancorado nas maneiras tradicionais, empregando esa homenaxe para que sirva como continuidade no futuro. A primeira Festa do Melindre de Melide organízase –sempre a cargo do Concello- no ano 1991. Nese momento o concello decide aproveitar a data escollida para a Festa do Melindre para realizar tamén outros eventos de xeito simultáneo, englobados baixo o
nome de “Feira de mostras”.
Esta feira de mostras inclúe a carón do nacemento da festa unha Feira de Exaltación da Tenreira Galega, e unha Festa do Cabalo,
que foron celebrándose ano tras ano escollendo un mesmo domingo no mes de maio para as tres celebracións, tal e como se recolle nalgúns dos carteis desa época. Como se recolle nos carteis anunciadores, compartía cartel e data con esoutras citas de carácter social, comercial ou de exhibición. Non sería ata o ano 2008 cando se decide dende o Concello dotar á Festa do Melindre de entidade propia.
Melindres
Rosquillas pequeñas a las que se les da brillo y color con un baño de azúcar, son los dulces más reconocidos de la repostaría de Melide
Amendoados
Elaborados con almendras molidas, claras de huevo, azúcar y obleas para la base, que les dan su inconfundible aspecto.
Ricos
Característicos por su forma alargada y su dureza exterior, los Ricos son dulces únicos, que solo se elaboran en la Tierra de Melide.
Programa 2024
Consulta las actividades y los horarios de la edición 2024
11:00 h MELINDRIÑO: OBRADOIROS INFANTÍS DE REPOSTARÍA TRADICIONAL
Nas pastelarías Estilo, Tahona, Trisquel e Toques
Obradoiro de repostaría tradicional dirixido ao alumnado de 6.º de primaria dos centros educativos de Melide e Toques.
11:00 h APERTURA DA FEIRA
Espazo MELINDRE. Praza e rúa do Convento
De 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20.30 h
11:00 h FEIRA DE ARTESANÍA DE GALICIA
Espazo AMENDOADO. Cantón de San Roque.
De 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h
11:00 -14 h MELINDRIÑO: OBRADOIRO INFANTIL DE PINTURA DE MANDÍS
A cargo de Leonor Díaz, de “Como pez en el Agua”
Espazo AMENDOADO. Cantón de San Roque
Capacidade 36 nen@s. 6 en cada quenda de 30 min
11:30 – 15:00 h ANIMACIÓN DE RÚA COA CHARANGA ALAMBIQUE
Pasacalles polas prazas e rúas
17:00 h MELINDRIÑO: “COCIÑA DE CONTOS” COA CONTADORA SOLE FELLOZA PARA PÚBLICO FAMILIAR CON DEGUSTACIÓNS DIVERTIDAS ELABORADAS POR ALEX IGLESIAS
Espazo MELINDRE. Praza do Convento. Con degustación. Ata completar capacidade
Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Nada que non solucionemos cunha boa libreta de receitas da casa e co ingrediente secreto!
17:00 – 20 h MELINDRIÑO: OBRADOIRO INFANTIL DE PINTURA DE MANDÍS
A cargo de Leonor Díaz, de “Como pez en el Agua”
Espazo AMENDOADO. Cantón de San Roque
Capacidade 36 nen@s. 6 en cada quenda de 30 min. Leonor é unha artesá que creou “Como pez en el Agua” en 2005 para vivir da súa paixón: crear pezas bonitas coas mans, inspiradas na natureza de Galicia para ofrecer agasallos artesanais únicos, feitos con moito agarimo. Imos aprender como pintar mandís con toda unha experta!
20:00 h SHOWCOOKING + CONCERTO + DEGUSTACIÓN “MANS DE AUTOR CON PRODUTOS DA TERRA DE MELIDE” CON MÚSICA EN DIRECTO
Espazo MELINDRE. Praza do Convento. Ata completar capacidade.
Con Gorka Rodríguez, chef e propietario da Pulpeira de Melide @gorka_pulpeirademelide
Representa a cuarta xeración dunha saga de pulpeiros iniciada hai case 100 anos polo seu avó arrieiro e a súa bisavoa panadeira en Melide. Foi Cociñeiro do Ano de Galicia 2015 e está formado en recoñecidos restaurantes a nivel Mundial: Mugaritz, Noma, ou O Celler de Can Roca.
MÚSICA EN DIRECTO coa cantautora MJ PÉREZ
@mjperez.music
Premio Martín Códax da Música (2021) na categoría de canción de autor, finalista dos Premios Opinión da Música de Raíz (2021) coa súa canción “Vai Embora!”, entre outros. Mais alén do seu percorrido e recoñecementos, se algo destaca de MJ é a súa capacidade como artista e creadora.
11:00 h APERTURA DA FEIRA
Espazo MELINDRE. Praza e rúa do Convento
De 11:00 a 18:00 h
11:00 h FEIRA DE ARTESANÍA DE GALICIA
Espazo MELINDRE. Praza e rúa do Convento
De 11:00 a 18:00 h
11:00 h FEIRA DE ARTESANÍA DE GALICIA
Espazo AMENDOADO. Cantón de San Roque
De 11:00 a 18:00 h
11:30 h ANIMACIÓN DE RÚA CO GRUPO FROITO NOVO
Pasacalles polas prazas e rúas
12:00 h NOMEAMENTO DE EMBAIXADORES E PREGÓN
Espazo MELINDRE. Praza do Convento
Embaixadores 2024: Paco Veiga e Museo Terra de Melide
O Museo Terra de Melide nace en 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudo, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide. Instálase no baixo do Concello, na biblioteca Municipal, cunha mostra de arqueoloxía castrexa e facendo cada verán exposicións de etnografía. É unha institución de tod@s onde se garda a nosa memoria histórica e cultural. Ese é o grande éxito deste museo construído pola vila e para a vila.
Paco Veiga é mestre e pedagogo, traballou en diferentes centros educativos e participou en radio e televisión. Exerceu como profesor de Lingua e Literatura en Secundaria, sobre todo no IES de Melide, onde traballou 29 anos ata que, recentemente, se xubilou. É autor dunha Tese de Doutoramento titulada Xogo popular galego e educación, vixencia educativa e función de identificación cultural dos xogos e enredos tradicionais, e fundador e primeiro presidente da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
13:00 h ANIMACIÓN DE RÚA CO GRUPO FROITO NOVO E FANFARRIA TAQUIKARDIA
@fanfarriataquikardia
Pasacalles polas prazas e rúas
Unha apisoadora rítmica de aires balcánicos non apta para cardíacos! Destacan os seus frenéticos ritmos e orixinais melodías e a lían dabondo nas rúas! A súas innumerables influencias musicais fan da Taquikardia un exquisito coctel que non deixará indiferente a ninguén. Con eles poderás saber cando comeza a festa, pero non cando remata!
17:30 h MELINDRIÑO: “UN SOÑO É”, ACTUACIÓN INFANTIL UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
@uxialambonaeaba.d
Espazo MELINDRE. Praza do Convento
Son banda musical infantil formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando! Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” a todos os nen@s achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo, cambiando estilos musicais, letras, e temas propios sempre en galego.
Recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos moi dinámicos, facendo que todos os cativ@s sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa ☺
18:00 h PECHE DA FEIRA
19:00 h CONCERTO DE LUAR NA LUBRE
@luarnalubre.oficial
Espazo RICO. Praza das Coles
Encrucillada, é o seu vixésimo proxecto. A participación das distintas voces que pasaron polo grupo así como doutros tantos colaboradores en diferentes disciplinas artísticas, son a ratificación deste traballo que celebra un encontro simbólico de camiños. Un momento histórico emotivo e importante a través dunha recompilación de música, relatos, fotografías e material variado para entender un pouco mellor o que significa Luar na Lubre a través do tempo.
Marcial Mouzo, pregoeiro da 32.ª Festa do Melindre
Marcial Mouzo Vidal naceu en Camariñas en 1961. Empezou no mundo da comunicación na Radio Galega
, emisora na que permanece desde 1985 dirixindo e presentando programas de todo tipo: musicais como “Grandes Orquestras”, “Música da terra” ou “A Gramola”, cos que empezou a súa relación co micrófono; o magazín “De troula” os sábados ou programas-espertador de moito éxito como “Bo día Galicia”, “Alborada” ou “Connosco”, cos que conseguiu importantes recoñecementos por parte dos seus oíntes, que lle fixeron multitudinarias homenaxes en varias ocasións.
Embajadores 2024
O Museo Terra de Melide
Nace no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudo, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide. Instálase no baixo do Concello, na biblioteca Municipal, cunha mostra de arqueoloxía castrexa e facendo cada verán exposicións
de etnografía. Despois de catro anos, os fondos aumentaban e reclamaban máis espazo, polo
que en 1982 se traslada a unha casa na que se instalan dúas salas.
No ano 1999, o Museo esixía unha total renovación e ampliación, pois o pequeno local era
insuficiente. Foi así como en reunión de socios se aprobou a adquisición do antigo hospital
de peregrinos, edificando nel o novo museo e rehabilitando a súa fachada e a súa memoria
histórica. A operación de subscrición popular tivo un grande éxito, implicándose socios,
veciños, institucións e moitos particulares. O 26 de maio de 2001 inaugúrase o novo Museo. A
xente de Melide considérao como unha institución de tod@s onde se garda a nosa memoria
histórica e cultural. Ese é o grande éxito deste museo construído pola vila e para a vila.
Paco Veiga
É profesor de Lingua e Literatura no IES Melide, ten desenvolvido o seu labor profesional no
campo da educación primaria, a formación de pais/nais, a radio e televisión educativas e o
ensino secundario. Membro do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega
e Redacción da Revista Galega de Educación, vén centrando o do Consello de seu interese,
nomeadamente, na problemática da normalización lingüística e cultural de Galicia. Membro
fundador da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, é autor de dúas obras sobre
o patrimonio lúdico galego. Coordina o EDLG do IES Melide desde tempo atrás, tratando
de contribuír a convertelo nun Equipo dos denominados tea de araña, con capacidade de
incidencia real en todos os aspectos da vida do centro, e aspirando tamén a influír no día a día
da comarca da Terra de Melide.
A figura do Embaixador
Que é ser embaixador da Festa do Melindre
A Festa viu apadriñada, nos últimos anos, por unha serie de persoeiros relevantes da gastronomía, a restauración, o cine, o deporte, a música, a administración e o mundo empresarial que colaboran co Concello de Melide, como pregoeiros e embaixadores, para transmitir a labor reposteira tradicional da comarca. Así, créase a figura do Embaixador/a do Melindre como unha distinción de recoñecemento a persoas ou institucións polo labor promocional desenvolvido a prol de Melide e directa ou indirectamente a prol da promoción da repostaría tradicional da Terra de Melide.
Para poder optar a este recoñecemento débense cumprir cos seguintes requisitos:
- Prestar servizos de relevancia a Melide, que representen indubidábel e evidente proveito para o engrandecemento, prestixio e progreso da nosa vila.
- A realización de traballos extraordinarios de incontrastable importancia en calquera dos aspectos humanos, político, cultural, científico, artístico, económico, social ou de defensa do noso patrimonio e natureza, que polo seu contido ou pola persoa, persoas ou entidades que o realicen se proxecta vinculación a Melide.
- A laboriosidade exemplar e extraordinaria capacidade de grandes iniciativas e realizacións levadas a cabo e postas de manifesto en beneficio dos cidadanía e da propia vila de Melide.
- As doazóns e fundacións benéficas, culturais, científicas, artísticas ou de outro carácter que promocionen o estudo e a investigación e favorezan en moi alto grao ao Concello de Melide
- En xeral, os feitos exemplares que, redundando en beneficio de Melide e os seus cidadáns e cidadás, revistan importancia ou signifiquen unha constante protección e promoción dos intereses sociais e culturais da nosa vila e dos seus fillo/as.