A festa do Melindre non sería posible sen as catro casas reposteiras máis famosas de Melide: O Estilo, Casa Melchora, A Tahona e O Trisquel. Hoxe queremos renderlles homenaxe pola súa grande labor ao longo de todos estes anos, e contarvos un pouco da súa historia.

Casa Estilo: unha produción especial

A Cafetería Pastelaría Casa Estilo abriu as súas portas por primeira vez en 1964, da man do Sr. Pepe e a Sra. Cuncha, na Rúa do Progreso. Esta pastelaría familiar situada no centro de Melide caracterízase pola elaboración da típica repostaría tradicional melidense: os melindres, os ricos e os amendoados e foi galardoada, en 2013, coa marca “excelencia” e a designación como produtos tradicionais de Galicia e o Norte de Portugal. Alberto Rodríguez, o responsable actual da Pastelaría Estilo, traballa no seu obrador seguindo unha receita que ten aproximadamente uns 200 anos e que pasou xa por catro xeracións.

 

A Tahona: tradición e calidade

A nosa seguinte parada é na Panadería Tahona, fundada en no ano 1930 e que leva, desde entón, ofrecendo pan e doces artesanais da mellor calidade. Tal é así que en decembro de 2018 recibiu un excepcional recoñecemento pola súa calidade. A Tahona, que está situada no Camiño Francés, é unha empresa que aposta por manter a tradición dos doces da comarca sen deixar de lado a innovación, a mellora da comercialización e a aposta pola tecnoloxía.

 

Panadería O Trisquel: a reinvención dos melindres

E falando de innovación, Manuel Garea, da Panadería O Trisquel, outra das tradicionais casas reposteiras de Melide, creou fai xa seis anos tres novas variedades de melindres coas que se gañou unha praza de profesor no Centro Superior de Hostalaría de Galicia. Ao re-inventor melindreiro ocorréuselle combinar a fariña, o ovo e a manteiga bañada en azucre, con outros ingredientes. De aí saíron os melindres de licor café con un toque a canela e chocolate branco belga; con crema de orujo e tofe e, por último, con froitos do bosque e infusión de fresas con nata.

 

A casa máis antiga de Melide: Casa Melchora

Por último, pero non por iso menos importante, presentámosvos a historia do obradoiro de repostería máis antigo de Melide: Casa Melchora. Durante os seus máis de 150 anos de historia son xa seis xeracións as que levan escribindo a traxectoria dun negocio familiar que sobreviviu ao paso do tempo sen perder as súas centenarias receitas. Eles mesmos sinalan como trazos fundamentais da súa personalidade: o mimo e o coidado no bon facer dos seus antecesores. Casa Melchora atópase ás portas da encrucillada dos Camiños Francés e Primitivo e a súa historia recóllese no libro “A Repostería de Melide”, publicación editada pola Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce.

Categorías: Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar