Nove embaixadores comprometeranse a exaltar e conservar os doces típicos desta cita de interese turístico galego

A XXVIII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide contará, a partir de mañá, con nove persoeiros máis defendendo, exaltando e protexendo os produtos artesanais. Tralo pregón, ás 12:30h, a cargo do chef Paco Roncero, tanto el mesmo coma os oito representantes seleccionados do mundo da gastronomía, os medios de comunicación, o deporte e a cultura, aceptarán o compromiso cos melindres, ricos e amendoados que o Concello de Melide lles propón. O acto estará conducido pola presentadora da TVG Lucía Rodríguez.

A xornada festiva, en todo caso, xa dará comezo ás 11 da mañá na Praza do Covento, coa actuación do grupo tradicional Froito Novo, hora na que abre o mercado de produtos artesanais, que contará coa presenza de máis dunha trintena de empresas de Galicia. Entre elas atópanse, ademais de elaboracións de repostería realizadas de maneira artesana, licores e sidras, e tamén produtos de artesanía de Galicia e diferentes postos comarca de Melide.

Tralo pregón, ás 14 horas, será o turno da Banda de Música Arzúa. En paralelo, as persoas que se acheguen á vila coruñesa poderán gozar da sesión vermú a cargo de Claudio Spadi na Praza das Ichoas. Dende as 14 horas a charanga Santa Compaña levará a música ás diferentes rúas da vila. Pola tarde os máis cativos poderán ver o espectáculo de Paco Nogueiras, Radio Bule Bule, ás 17 horas na Praza Convento. Ás 20 horas será Milladoiro que poña o broche de ouro a esta XXVIII Festa do Melindre na mesma céntrica praza.

Primeira xornada da festa máis doce Galicia

O pregoeiro de honra desta edición da Festa do Melindre, o chef dúas estrelas Michelin Paco Roncero, tivo xa a oportunidade de coñecer de preto a vila de Melide e os seus doces durante esta mañá. Así, percorreu un tramo do Camiño de Santiago dende a ponte medieval de Furelos ata Melide, xunto cun grupo de blogueiros de gastronomía, os embaixadores Isabel Pérez e Uxío Abuín, e parte do goberno municipal. A alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, e o concelleiro de Turismo, Luis Arias, acompañaron ao chef durante unha visita ao obradoiro de repostaría tradicional Panadería Tahona, á feira de produtos artesanais, e tamén á queixería artesá María Sara Seijas.

As 19:30 h está previsto que comece o showcooking do chef Roncero na Viñoteca Ribeirao, no que os presentes poderán degustar tres novas elaboracións que terán como base os doces melidenses: crema de limón amendoado, xardín de mazá e tiramisú de melindres. Tralo showcooking, no que o chef contará co apoio do cociñeiro local Miguel Liboreiro de O Tobo do Lobo, terá lugar unha pequena degustación de vermú St. Petroni e, xa a partir das 22 horas, comezarán os concertos de Claudio Spadi, La Penúltima (Tributo a Sabina) e Gin Toni’s para pechar a xornada.

Os embaixadores da edición 2019

Os embaixadores  que se nomearán mañá coa encomenda de exaltar os doces da Terra de Melide son o chef Paco Roncero, o coñecido actor Marcos Pereiro no 15 aniversario do dúo cómico As Cantareiras de Ardebullo; a reposteira e instagramerIsabel Pérez de Aliter Dulcia; o triatleta gañador de 3 copas do mundo Uxío Abuín; o xornalista gastronómico Jorge Guitián; a directiva de Aceites Abril Elena Pérez Canal; os chefs María Varela de A Parada das Bestas e Miguel Ángel Liboreiro de O Tobo do Lobo; e o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar