O 12 e 13 de maio terá lugar no concello de Melide a Festa do Melinder e da Repostaría da Terra de Melide, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2013. Durante estes dous días, na Praza do Convento do concello, reuniranse, ademais das casas de repostaría tradicional de Melide (Estilo, Tahona, Pastelería Trisquel, Panadería Toques, Tarrío, e Casa Somoza), máis dunha vintena de empresas de produtos artesans, tanto de Galicia como do resto da Península.

Entre estas empresas atópanse, ademais de produtos de repostería realizados á maneira artesá, licores, viños e sidras e tamén produtos de artesanía de Galicia.

  • Denoces.
  • Mamá Teresa.
  • Cousas de Bisavoa.
  • Panadería Terra de Trives.
  • Confitería La Alianza.
  • Val do Traba.
  • Chocolates Antoxo.
  • Borboriño.
  • DoSouto.
  • Petelar – Castañas Ribada.
  • A Riveira.
  • Requesón e Mel.
  • Aceites Figueiredo.
  • Mel de Monfero.
  • Real Abadía de Samos.
  • La Despensa de Pablo.
  • Bodegas Mejuto.
  • Ribeirao.
  • Casa Juanito.
  • Adegas Castrobrey.
  • Lodeiros.
  • Artesanía de Galicia.
  • EFA Piñeiral.

Acércate un destes dous días a Melide a gozar da festa máis doce de Galicia e coñece todos estes grandes produtos artesáns!

Categorías: Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar