- Os chefs xemelgos utilizaron melindres, amendoados e outro produtos de denominación de orixe galega para elaborar a súa mostra culinaria
Melide, 12 de maio de 2018. Os doces melindenses e os produtos autóctonos de Galicia foron os protagonistas do showcooking que os irmáns Torres, os cociñeiros xemelgos con dúas estelas Michelin e presentadores do programa Torres en la Cocina de TVE, ofreceron onte para preto de un centenar de persoas na viñoteca Ribeirao de Melide, con motivo de XXVII edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional.
Para unha ocasión tan especial os chefs, que ademais de embaixadores foron tamén nomeados pregoeiros da festa, prepararon un menú no que os produtos galegos con denominación de orixe galega coma o mel, o lacón, o queixo Arzúa-Ulloa, o leite e os augardentes e licores tradicionais foron as estrelas indiscutibles xunto aos melindres e os amendoados. Deste xeito, os asistentes puideron coñecer de primeira man a elaboración, e tamén probar, as seguintes creacións culinarias:
- Callada de foie con amendoados e oruxo de herbas
- Cocapizza de carbón activo con tomate, lacón e Arzúa-Ulloa
- Tarta de queixo Arzúa-Ulloa, Melindres e Arandos
Para a preparación destes pratos os televisivos chefs contaron, ademais, coa axuda de Miguel Ángel Liboreiro, do restaurante melidense O Tobo do Lobo, que exerceu como anfitrión local e cociñeiro colaborador durante o showcooking.
Así, os irmáns Torres despediron a primeira xornada da Festa do Melindre deixando un moi bo sabor de boca na vila coruñesa. Se non puideches asistir ao evento pero tamén queres probar os pratos dos chefs, podes tentar facelos na casa consultando as receitas aquí.