El Corte Inglés de Santiago de Compostela acolleu este mediodía unha degustación dos doces da Festa do Melindre e da Repostaría Tracional Terra de Melide, coincidindo coa campaña promocional desta cita xa consolidada en Galicia.
Na presentación, que estivo capitaneada por Alberto Fernández, Presidente da Asociación de Repostería Tradicional Melide Terra Doce, participaron tamén Dalia García Couso, Aldaldesa de Melide e Pati Branco, Director de Comunicacións e Relacións Institucionais de Galicia no Corte Inglés.
Os melindres compartiron protagonismo coas outras dúas elaboracións exaltadas no evento reposteiro, que son os almendrados e os ricos.
El Corte Inglés de Santiago ofrecerá aos seus clientes da cafetería melindres para acompañar as súas consumicións ata o día 12 de maio, unha forma de achegar ao público compostelán e da contorna a esta festa, de interese turístico galego desde 2013.