O Concello de Melide continua apostando pola Festa do Melindre e da Repostaría tradicional da Terra de Melide, desta vez, cunha importante labor de promoción durante o Fórum Gastronómico; o principal evento de gastronomía e hostalaría a nivel nacional que celebrou en A Coruña os seus 20 anos de historia entre os días 10 e 12 de marzo.

Así, a festa máis doce de Galicia contou cun stand propio na feira xunto ás máis de 250 empresas, asociacións e entidades expositoras; sendo a única festa gastronómica da nosa comunidade cun espazo independente no evento, polo que pasaron máis de 24.000 persoas ao longo das 3 xornadas. Os melindres, os ricos e os amendoados de Melide tiveron unha gran acollida entre o público profesional e xeral, como indica o preto do millar de doces que se repartiron a modo de degustación, acabando con case a totalidade das existencias dispoñibles. Na caseta da Festa do Melindre estiveron presentes dúas das catro casas reposteiras que conforman a asociación Melide Terra Doce, Pastelería Estilo e Panadería Tahona, que tiveron un bo nivel de ventas.

Pero máis aló do stand, a Festa do Melindre tamén foi protagonista nun dos escenarios principais do Fórum Gastronómico, protagonizando o obradoiro “Repostaría de Melide. O valor do Artesán” no Espazo Ágora o domingo 11, xornada para o público xeral e data principal do evento. A actividade, que colgou o cartel de “aforo completo”, estivo impartida por Alberto Rodríguez, mestre artesán da Pastelería Estilo e presidente de Asociación Melide Terra Doce, e conducida polo comunicador Xosé Manuel García do programa radiofónico “Comer e Falar”. O mestre artesán contou ademais coa axuda e asistencia dun alumno de panadería, repostaría e confeitaría da EFA Piñeira de Arzúa.

Deste xeito, as 40 persoas presentes no obradoiro puideron descubrir de primeira man os segredos dunha repostaría como a melidense, totalmente artesá e con centos de anos de tradición, coñecendo a calidade das materias primas, tocando as diferentes masas, e incluso tratando de dar forma aos ricos, melindres e amendoados. A actividade rematou cunha degustación de produto.

A alcaldesa de Melide Dalia García, que estivo presente o primeiro día do evento xunto ao concelleiro de turismo, José Luis Arias, e demais membros da corporación; manifestou a súa satisfacción pola presenza da Festa do Melindre nun marco como o Fórum, “consolidado como imprescindible para os profesionais da gastronomía, líder a nivel nacional e con clara vocación internacional”  que permite “promocionar a gastronomía local e impulsar o prestixio da nosa despensa fóra das nosas fronteiras”.

O  Concello de Melide continúa, deste xeito, apostando pola difusión  da súa Festa de Interese Turístico, que este ano terá lugar os días 11 e 12 de maio, e para a que se celebrarán máis eventos de promoción en diferentes cidades e vilas de Galicia.

Categorías: Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar