Melindres, amendoados e ricos da Tahona de Melide lucirán a partir de agora o distintivo de Galicia Calidade, selo que certifica as excelentes características dos seus produtos.  

Tras recibir o galardón por parte da directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e do xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, a docería melidá converteuse no primeiro establecemento da comarca en posesión desta certificación de calidade coa que contan outras 111 empresas en toda a comunidade. 

Tradición e innovación

O selo de Galicia Calidade recoñece na Tahona unha empresa que aposta por
manter a tradición reposteira da comarca sen deixar de lado a innovación, a mellora na comercialización e a aposta pola tecnoloxía. Os afamados melindres, amendoados e ricos son doces que esta panadería de Melide elabora desde hai máis de medio século con fariña, ovos e manteiga no seu obradoiro situado en pleno Camiño Francés.  

A directora xeral de Comercio e Consumo mostrou gratitude cara ó Concello de Melide e, especialmente, cara á Tahona por pór en valor un doce  tan apegado á tradición e tan considerado polos milleiros de peregrinos que anualmente visitan a comarca. 

A relevancia do sector alimentario no marco da certificación foi destacada polo xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro. Fixo fincapé en que, coa incorporación a este selo, “os melindres poden chegar a novos mercados, avalados pola garantía que lles outorga o distintivo de Galicia Calidade”.

Categorías: Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar