Agora que cambia a hora, o tempo vaise arrefriando e cada vez apetécennos máis as comidas  calentiñas e con fundamento, as longas sobremesas e as tardes de cheminea, convidámosvos a utilizar os nosos  melindres,  amendoados e ricos para reunirvos con amigos ou familiares e pasar un tempo de charla, confidencias, xogos ou risas en boa e cálida compañía. Non vos soa xenial? Dámosvos algunhas ideas para gozar do que nós consideramos un sábado ou un domingo ideal!

Brunch doce con melindres

Para empezar, que vos parece se facemos un brunch á galega? Con néboa ou ese ‘orballo’ igual non  é cuestión de saltar correndo moi cedo da cama. Tomémonos todo con máis calma e gocemos dun almorzo-aperitivo  cuns  melindres acompañados dun viño doce. As elaboracións doces galegas, por se non o sabedes, están máis de moda que nunca. Desde o elegante tostado  que recomendaba Cunqueiro  ata os vermús pasando polos espumosos.

Sobremesa con amendoados

Comamos despois con tranquilidade, gozando de cada bocado, e acabemos cunha sobremesa relaxada, desas de conversación longa. Na mesa non poderán faltar entón os  amendoados e… si, acertades, é o momento de sacar o licor café ou o licor de herbas!  Todo un clásico, verdade?

E de merenda… ricos con chocolate quente!

Quizais nos liamos un pouco, xa sabemos que estamos en Galicia e as comidas ao final xúntanse coas ceas. Pero, ademais, agora escurece cedo e botar unha partida ao Trivial ou ao  Monopoly (versión Galicia, por suposto) antóllasenos un gran plan. Pechade os ollos e poñédevos en situación,  non vos vén á cabeza unha cunca fumarenta de chocolate quente? Pois cos ricos melidenses, vai perfecta! Un plan ideal para nenos e maiores.

Apuntádesvos á nosa fin de semana perfecta? Pois non esquezades pasarvos polas reposterías melidenses a facervos cos vosos paquetes de  melindres, ricos e  amedoados!

Categorías: Blog

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar