• Catorce embaixadores prometeron dar a coñecer e protexer as elaboracións que se exaltan na Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide

Melide, 13 de maio de 2018. Os irmáns xemelgos Torres, do programa de TVE “Torres en la Cocina” agradeceron este mediodía ao pobo de Melide a doce acollida que tiveron estes días e destacaron a honra que supón para eles ter sido elexidos pregoeiros nesta cita gastronómica. En palabras dos chefs, a vila demostrou unha gran hospitalidade e garda unha tradición reposteira dunha importancia culinaria fundamental para a historia de Galicia, e por extensión de España.
Pola súa banda, os embaixadores puxeron en valor a importancia dos melindres, ricos e amendoados, e recibiron a distinción do Concello de Melide pola súa labor de promoción das elaboracións históricas da Terra de Melide e polo compromiso de difusión, a partir de agora, destes produtos artesanais.
A Alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, destacou no acto de nomeamento a honra que supón para a vila contar cun elenco de persoeiros tan diverso e de tanta relevancia nos seus campos apoiando esta celebración, que este ano cumpre a súa vixésimo sétima edición. Así mesmo, agradeceu aos irmáns Torres a súa entrega e cercanía en nome de toda a veciñanza.
Ao acto oficial previo ao pregón, celebrado no salón de plenos do concello, asistiron ademais da Corporación Municipal e dos embaixadores, Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Rural; Diego Calvo Pouso, Vicepresidente do Parlamento Galego; Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia; alcaldes da comarca e embaixadores de pasadas edicións.
Os embaixadores da edición 2018
Os embaixadores que prometeron protexer e conservar os doces que se exaltan la Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide nesta edición 2.018 son os Hermanos Torres, cociñeiros; o actor da serie Fariña Monti Castiñeiras; a instagramer The Foodie Searcher; o adestrador do Obradoiro CAB Moncho Fernández; o chef Quique Rodríguez; o director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia Pati Blanco, o director da Orquestra de Cámara de Galicia Rogelio Groba; o director do CIFP Compostela Ramiro Esparís; a Asociación Deportiva Cerne; o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez; a Directora Xeral de Comercio e Consumo Sol María Vázquez; a Xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro e o Presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices.

Categorías: Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar