Melide, 26 de abril de 2018. Dende mañá, día 27 de abril, ata o luns día 30, o Concello de Melide en representación da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG), colaborarán nunha campaña que ten por obxectivo animar á poboación a doar sangue. As persoas que decidan achegarse aos puntos habilitados para tal efecto, recibirán como agasallo un paquete de ricos, un dos doces que se exaltan na cita, elaborados de forma artesanal.

Esta iniciativa, que se repite anualmente dende 2013, pon en marcha o programa de actos da edición 2018 e pon en valor, así mesmo, a solidariedade da vila, unha das que rexistra un nivel de doazóns máis altas de toda Galicia segundo os datos do CTG.

Ao longo da fin de semana as unidades móbiles desprazaranse ao concello coruñés para que a veciñanza poida sumarse a esta campaña, e o día 30 terán a oportunidade de colaborar os cidadáns de A Coruña, no Cantón Pequeno, Ourense, na Rúa Paseo, Lugo, na Praza Maior, e Vigo na Rúa Príncipe. En total prevese unha participación de aproximadamente 250 persoas.

Tanto o Concello de Melide coma o Centro de Transfusión animan á poboación a doar sangue, para que desta maneira os centros sanitarios poidan continuar facendo con normalidade a súa labor asistencial na comunidade. Un acto solidario que, neste caso, terá un final moi doce.

A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide, que este ano cumpre a súa vixésimo sétima edición, celebrarase os días 12 e 13 de maio, e contará, coma en anteriores ocasións, cunha feira de produtos artesanais, diferentes actuacións musicais e a participación de profesionais do sector da gastronomía e persoeiros doutros ámbitos que exercerán a labor de embaixadores.

Categorías: Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar